martes, 15 de junio de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

A Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo subvencionan a este concello a contratación de 6 socorristas durante tres meses, 8 peóns de mantemento de zonas naturais a media xornada durante doce meses, 2 informadoras de turismo tres meses e un animador sociocultural doce meses. A data de inicio prevista para as anteriores contratacións subvencionadas a través dos chamados "programas de cooperación" será o 1 de xullo, e con tal fin presentarase a correspondente oferta de traballo na oficina de emprego de Viveiro.

miércoles, 2 de junio de 2010

CONTRATACIÓN DE 3 PEÓNS A XORNADA COMPLETA

No taboleiro de anuncios do concello están expostas as bases para a contratación de tres peóns de limpeza de praias e mantemento de zonas naturais, a xornada completa, por tres meses e con data prevista de inicio o próximo 11 de xuño.
O prazo de solicitude está aberto ata o día 8 de xuño, ás catorce horas. É necesario presentar no rexistro do concello: instancia de solicitude, fotocopia do DNI, fotocopia graduado escolar ou certificado de escolaridade e declaración de non haber traballado para este concello máis de 21 meses dentro dos 30 últimos.
Máis información: Casa da Cultura de O Vicedo, oficina da AEDL, ou chamando ó 982590195.

AXUDAS PARA A CREACIÓN DE ALDEAS DE TURISMO RURAL

Está aberto o prazo de solicitude de axudas para a creación de aldeas de turismo rural, para a mellora e modernización das existentes e para proxectos dirixidos a acadar certificacións de calidade para este tipo de establecementos.
O prazo de solicitude remata o 26/06/2010.
Para máis información contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local

jueves, 20 de mayo de 2010

AXUDAS AUTOEMPREGO E PARA PERSOAS DISCAPACITADAS

A Consellería de Traballo e Benestar abriu recentemente a convocatoria de varias axudas para o fomento do eutoemprego, entre as que destacan: axudas para traballadores que se dén de alta como autónomos e para iniciativas emprendedoras de emprego (sociedades limitadas..), ademáis de varias subvencións para a contratación e autoemprego de persoas discapacitadas.
Para máis información, pinche aquí:
http://traballo.xunta.es/contenidos/gl/menu_transversal/ayudas_subvenciones/portada_ayudas, ou pasanto pola oficina da Técnico local de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa de Cultura

jueves, 6 de mayo de 2010

OFERTA DE EMPREGO

Necesítase persoa para o reparto de guías telefónicas. (máis ou menos para 3 días)
Interesados poñerse en contacto coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Manuela Domínguez, pasando pola Casa de Cultura ou chamando ó 982590195.

PROGRAMA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO AUTÓNOMO 2010

Persoas beneficiarias:

1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:

• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
• Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.

Tipos de axuda:

* Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia, co fin de facilitar durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores. As contías oscilan entre os 5.000 e os 10.000 euros.

* Subvención financeira de redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador/a autónomo/a, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Deberá acreditarse un investimento en inmobilizado material ou intanxible por importe non inferior a 3.000 euros (sen incluír o IVE) realizado entre os 3 meses anteriores ao inicio da actividade e os 6 posteriores.

* Axuda para asistencia técnica.

* Axuda a formación.


* Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade realizados nos 3 meses anteriores e nos 6 meses seguintes ao inicio da actividade en concepto de compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, gastos de constitución, publicidade, arrendamento de local, de maquinaria e de equipos informáticos e seguros do local (excluído o IVE). A contía da axuda será de 2.000 euros, 3.000 euros e 3.600 euros, segundo o colectivo dos sinalados no artigo 8º.2 da orde no que se atope incluída a persoa beneficiaria.

* Subvención pola primeira contratación indefinida. Poderá concederse esta subvención tanto pola contratación indefinida inicial dunha persoa desempregada como pola transformación dun contrato temporal en indefinido, sempre que se realice durante o primeiro ano de actividade.

Prazo de solicitude: con carácter xeral remata o 30 de xuño do 2010.

lunes, 3 de mayo de 2010

APERTURA DAS LISTAS DE CONTRATACIÓN PARA A EMPRESA PÚBLICA SEAGA

A emprea pública SEAGA abreu o prazo de solicitude para a inscrición nas listas das que posteriormente se contratará xente para extición de incendios, entre outros.
O prazo de inscrición remata o día 10 de maio, e xunto coa solicitude é necesario presentar a seguinte documentación:
- Copia compulsada DNI
- Copia compulsada certificado de escolaridade ou superior.
- Certificado médico.
- Copia compulsada do título de galego.
- Vida laboral actualizada.
- Copia compulsada de contratos de traballo en postos similares.
- Copia compulsada doutros cursos relacionados cós postos aos que se aspira.
Máis información: DOG do 28/04/2010, na oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195