Casa de turismo rural Almoina, ubicada en San Román (concello de O Vicedo), necesita una persona para tareas de servicio de habitaciones y desayuno, 2-3h/día en julio y agosto. Interesados enviar CV a: casa_almoina@hotmail.com, o llamar al teléfono 640346964
lunes, 12 de mayo de 2025
jueves, 8 de mayo de 2025
Axudas reparación vivendas protexidas
RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos por este instituto, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento VI420A).
Para máis información, pinchar no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250508/AnuncioC3Q2-240425-0005_gl.html
viernes, 14 de marzo de 2025
Oferta de emprego: educador/a social
Publicadas no taboleiro de edictos e na sede electrónica do Concello do Vicedo, as bases para a selección dun/dunha educador social, a xornada completa, con adscrición o departamento de servizos sociais do Concello do Vicedo
O prazo de solicitude será de 5 días hábiles a contar desde o seguinte á publicación das bases.
A data prevista para a selección será o día 25 de marzo de 2025, as 10 horas na Casa Consistorial.
viernes, 28 de febrero de 2025
Lista admitidos/excluídos definitiva para a selección dun/dunha auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo
Publicada na sede electrónica a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista DEFINITIVA de admitidos e excluídos para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Recordámoslles que a proba de selección terá lugar no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, o día 5 de marzo de 2025, ás 10:30 horas.
viernes, 21 de febrero de 2025
Lista admitidos/excluídos para a selección dun/dunha auxiliar de información turística. Programa Reforzo do emprego 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo
Publicada na sede electrónica a resolución da alcaldía pola que se aproba a lista de admitidos e excluídos provisionais para a selección dun/dunha AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
Segundo se establece na resolución os excluídos dispoñen dun prazo de dous días hábiles, é decir, os días 24 e 25 de febreiro, para efectuar as alegacións que estimen oportunas ou corrixir, no seu caso, os erros que proceda.
Así mesmo se dispón que a proba de selección terá lugar no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, 23, o día 5 de marzo de 2025, ás 10:30 horas.
Listas admitidos/excluídos provisional elevada a definitiva para as seleccións de dous peóns de mantemento de zonas naturais e un peón de servizos múltiples. Programa Reforzo do emprego 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo
Publicadas na sede electrónica as resolucións da alcaldía polas que se aproban as listas de admitidos e excluídos provisionais elevadas a definitivas para a para a selección de: DOUS PEÓNS DE MANTEMENTO DE ZONAS NATURAIS e UN PEÓN DE SERVIZOS MÚLTIPLES, a xornada completa, como persoal laboral temporal, dentro do programa reforzo do emprego do Plan Deputación de Cooperación cos concellos 2024, financiado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo:https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
As probas de selección terán lugar todas elas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade de O Vicedo (Casa Cultura), sita en rúa Cidade de Mondoñedo, o día 28 de febreiro de 2025, nas horas que a continuación se indican :
- Para o posto de peón de servizos múltiples, ás 12:00 horas
- Para os dous peóns de mantemento de zonas naturais, ás 12:30 horas.
viernes, 7 de febrero de 2025
Publicada no BOP de Lugo a lista de admitidos/excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral
Publicada no BOP de Lugo de 07/02/2025 a lista de admitidos e excluídos provisional para a selección e provisión mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo de administración xeral, vacante na plantilla de persoal funcionario do Concello de O Vicedo.
Os aspirantes excluídos dispoñen dun prazo de dez días hábiles, a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para a formulación de alegacións.
Máis información: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2