A continuación póden consultar varias axudas convocadas pola Consellería do medio rural para o sector forestal e agrícola:
http://app.igape.es/.axudas/lista.asp?cons=MRUR
martes, 30 de abril de 2013
ESTADÍAS EN PAÍSES EUROPEOS PARA A REALIZACIÓN DE PRÁCTICAS
No DOG do 29 de abril de 2013 convócanse estadías en países europeos para a realización de prácticas non remuneradas en empresas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130429/AnuncioCA05-240413-0001_gl.pdf
BOLSAS CONVOCADAS POLA EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO
No BOP do día 27 de abril de 2013, a Excma. Deputación Provincial de Lugo publica a convocatoria de dúas bolsas de 18 meses de duración para licenciados en xornalismo ou comunicación audiovisual:
Para máis información pincha aquí:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7995_1.pdf#PAGE=1
Para máis información pincha aquí:
http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_7995_1.pdf#PAGE=1
lunes, 29 de abril de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun EDUCADOR FAMILIAR, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
-Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 18 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 8 de maio de 2013, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.
OFERTA DE EMPREGO
Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada parcial (34 horas/semana), durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 14 de maio.
O prazo de inscrición remata o vindeiro día 08 de maio, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:30 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
miércoles, 24 de abril de 2013
NOVOS CURSOS AFD DIRIXIDOS PRIORITARIAMENTE A DESEMPREGADOS
Pinchando aquí poden consultar os novos cursos subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar que se iniciarán proximamente en toda a provincia de Lugo dirixidos prioritariamente a persoas desempregadas, aínda que si quedan prazas poderían acudir persoas ocupadas.
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2013-Lugo.pdf
martes, 23 de abril de 2013
OFERTA DE EMPREGO
Oferta de emprego publicada na Voz de Galicia de hoxe 23 de abril:
ADECCO ETT busca un electricista para traballar na zona de Viveiro, con polo menos 5 anos de experiencia en mantemento electromecánico e imprescindible en dirección de equipos, valorándose a que se teña en sector afín o ciclo integral da auga.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)