jueves, 27 de marzo de 2014

OBRADOIRO ENVELLECEMENTO ACTIVO: CONTROL DAS EMOCIÓNS, O ESTRÉS E A ANSIEDADE



           

                                                   
Concello de O Vicedo



OBRADOIRO ENVELLECEMENTO ACTIVO: CONTROL DAS EMOCIÓNS, O ESTRÉS E A ANSIEDADE


Lugar de celebración: Casa da Cultura de O Vicedo.

Data: 25 de abril de 2014.

Horario: 16:30-20:30 horas.

Coste: gratuito.

Obrigatorio inscribirse en: Casa da Cultura. Oficina Axente de emprego e desenvolvemento local. Tlf.: 982590195, ou directamente na seguinte páxina web: http://feweb-fegas.sergas.es/FEWEB/ListadoActividadesCidadans.aspx?IdPaxina=70512&pagina=2&bloq=1.

Obxectivos: Promover o envellecemeento activo e saudable para mellorar a calidade de vida e previr enfermidades. Aprender a xestionar as emocións. Conseguir un manexo adecuado do estrés e da ansiedade. Lograr unha adaptación óptima a cualquier situación de cambio e/o transición vital: xubilación, enfermidade, dó etc.

Programa:
-      Adestramento persoal no ámbito da saúde.
-     Técnicas de autoaxuda.
-       Xestión das emocións e o estrés.

Dirixido a: Poboación adulta-anciá, profesionais, familiares e cidadanía en xeral.

Entrégase certificado acreditativo ás persoas inscritas que asistan o obradoiro

miércoles, 26 de marzo de 2014

CURSO PREPARATORIO DO CELGA 3

Nos meses de abril e maio no IES María Sarmiento de Viveiro terá lugar un curso preparatorio para obter o CELGA 3. O prazo de inscrición finaliza o 31 de marzo.

Máis información e inscricións, pinche aquí:

http://www.xunta.es/linguagalega/formacion_celga

CURSO DIRIXIDO PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS


Convocado un Curso de mecanizado por arranque de labra, no CFO de Viveiro, sito na Misericordia, e dirixido prioritariamente a persoas desempregadas

Para máis información pinche aquí ou contactar directamente co centro ou coa oficina de emprego de Viveiro:
http://traballo.xunta.es/export/sites/default/Biblioteca/Documentos/Contidos_Estandar/formacion_e_cualificacions/afd/afd2014-Lugo.pdf

viernes, 21 de marzo de 2014

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, para cubrir vacacións das auxiliares de axuda a domicilio do servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o día 04 de abril, e a xornada variará en función da persoa a que sustitúa.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 01 de abril, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

martes, 18 de marzo de 2014

SUBVENCIÓNS AOS PROXECTOS DINAMIZADORES DAS ÁREAS RURAIS PROMOVIDOS POR MICROEMPRESAS PARA O USO DAS TIC´s



AGADER convoca axudas destinadas a implantación de equipamento físico (hardware) e aplicacións informáticas (software) nas microempresas que desenvolvan a súa actividade económica no rural, para que aproveiten as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) xunto con acceso á internet de calidade, no seu proceso de negocio.

Inversión mínima: 4.000 euros (sin IVA).
Fin plazo: 16 de abril de 2014.

Máis información:
http://www.igape.es/es/base-xeral-de-axudas/ficha/AGAD006

Para calqueira dúbida ou axuda na tramitación contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

lunes, 17 de marzo de 2014

PÁXINAS WEB CON OFERTAS DE EMPREGO DA ZONA

Nos seguintes enlaces podes consultar ofertas de emprego da zona:

http://bolsaempregoburela.blogspot.com.es/2014/02/ofertas-de-empleo-en-la-red-20-02-2014.html?spref=fb


https://www.facebook.com/#!/empleoamarinalucense?fref=ts

www.infojobs.net

https://www.facebook.com/#!/pages/Axencia-Local-de-Colocaci%C3%B3n-Santiago-de-Compostela/228986337218645?fref=ts

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, a xornada completa, con adscrición ao servizo municipal de limpeza do concello do Vicedo: Casa consistorial, Centró de saúde  e CEIP O Vicedo, por un período de 6 meses, e data de inicio prevista para o próximo 2 de abril.

O prazo de inscrición remata o próximo día 26 de marzo, ás 09:30 horas, realizándose o proceso de selección ese mesmo día a partir das 10:30 horas na Casa do Concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.