viernes, 31 de julio de 2015

OFERTA DE EMPREGO

 Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de sesis meses, a xornada completa.
 
O prazo de presentación de instancias remata o día 11 de agosto de 2015, ás 15:00 horas. A fase de oposición realizarase a partir das 12:30 horas do día 13 de agosto de 2015, na Casa Consistorial do Vicedo
 
Para máis información e solicitudes: pasar polo concello ou pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou chamar ao 982590195.

jueves, 30 de julio de 2015

AXUDAS DA CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

No seguinte enlace pode consultar as distintas axudas da Consellería de Traballo e Benestar con prazo aberto dirixidas a cooperativas, sociedades laborais, persoas con discapacidade, promoción do cooperativismo, empresas de inserción laboral....


Para máis información pinche aquí:
http://traballo.xunta.es/axudas-e-subvencions

viernes, 24 de julio de 2015

LISTA DE ADMITIDOS DEFINITIVA PARA A SELECCION DE 2 EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI

No seguinte enlace pode consultarse a lista definitiva de admitidos e excluidos no proceso de selección de dous educadores infantís.

 A data da proba e o próximo 6 de agosto, ás 10:00 na Casa da Cultura

Pincha aquí:

http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.1 (Taboleiro de anuncios /emprego público)

martes, 21 de julio de 2015

LISTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS PROVISIONAL PARA A CONTRATACION DE DOUS EDUCADORES INFANTÍS PARA O PAI

Está exposta desde o día de hoxe, 21 de xullo de 2015, no taboleiro de anuncios do concello e na sede electrónica do concello de O Vicedo a lista de admitidos e excluídos provisional para a contratación laboral temporal de dous EDUCADORES INFANTÍS,  para o Punto de atención a infancia.




As persoas que non entreguen en este concello a documentación, é decir que o presenten en outros rexistros habilitados, deberán adelantala por fax dentro do plazo establecido para a subsanación de erros.

O prazo para subsanar erros é de dous días hábiles, polo tanto comenza mañá día 22 e remata o próximo día 23 de xullo. O día seguinte publicarase a lista definitiva.

Para consultar a lista pinche aquí:
https://concellodovicedo.sedelectronica.es (Apartado de emprego público)

lunes, 20 de julio de 2015

AXUDAS A PERSOAS TRABALLADORAS AUTÓNOMAS POLA CONTRATACION INDEFINIDA DE PERSOAS ASALARIADAS


A Consellería de Traballo e Benestar subvenciona a contratación indefinida de persoas asalariadas, a traballadores autónomos.

Beneficiarios:

- Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

- Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

Máis información:
https://sede.xunta.es/detalle-procedemento?codCons=TR&codProc=349F&procedemento=TR349F

ou contactando coa Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo.

viernes, 17 de julio de 2015

NOTA INFORMATIVA

Está previsto que o martes 21 se publique a lista de admitidos e excluidos provisional para a contratación de dous EDUCADORES INFANTÍS para o Punto de atención á infancia

jueves, 9 de julio de 2015

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, par cubrir vacacións, con adscrición ao servizo de limpeza municipal, desde o día 4 de agosto de 2015 ata o 2 de setembro de 2015, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 20 de xullo, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 21 de xullo, a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.