jueves, 29 de mayo de 2025

Convocatoria pola Excma. Deputación Provincial de Lugo dos premios de turismo sostible e de gastronomía

CONVOCATORIA E BASES DOS PREMIOS “LUGO CAMBIA AO TURISMO LUCENSE”, DO “PREMIO TURISMO SOSTIBLE” E DOS PREMIOS “… E PARA COMER, LUGO Á GASTRONOMÍA LUCENSE” PARA A ANUALIDADE 2025  no seguinte enlace: https://deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/29-05-2025.pdf#page=1

Talleres ES.MAR para o mes de xuño

 

Podes inscribirte a través da nosa web: https://rede-esmar.gal/es/

Para dúbidas e consultas: viveiro@rede-esmar.gal /664 461 557.

Publicación no BOP das bases para a selección dun/dunha auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2024", para cubrir vacante

No BOP de Lugo de hoxe día 29/05/2025 publícanse as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para a cobertura de vacante.

O prazo de solicitude é de 5 días hábiles a contar a partir do día seguinte ó da publicación: polo tanto queda aberto desde mañá día 30 de maio de 2025 ata o día 5 de xuño de 2025.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

martes, 27 de mayo de 2025

Oferta de emprego: auxiliar administrativo/-a, funcionario interino, subvencionado pola Excma. Deputación Provincial de Lugo a través do programa "Reforzo do emprego 2024", para cubrir vacante

Están aprobadas e expostas as bases para o nomeamento como funcionario interino dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO/-A, pertencente á escala de Administración Xeral, dentro do programa: "Reforzo do Emprego do plan Provincial Único de Cooperación cos concellos 2024", financiado pola da Excma. Deputación Provincial de Lugo, para cubrir vacante ata o 31 de outubro de 2025

Próximamente está previsto que se publique a convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, e o prazo de inscrición será de 5 días hábiles contados a partir de dita publicación.  É necesario estar inscrito como demandante no Servizo Público de Emprego no prazo de solicitude.

Para máis información ou consulta das bases contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, ou pinchar aquí:

https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.2

 https://deputacionlugo.gal/gl/temas/emprego/reforzo_emprego2024/listaxe_postos


lunes, 26 de mayo de 2025

Oferta emprego: CATRO PEÓNS FORESTAIS, programa APROL RURAL 2025

A Consellería de Promoción do emprego, comercio e emigración concedeu unha axuda ao Concello do Vicedo para a contratación de 4 PEÓNS FORESTAIS, para o mantemento de zonas naturais, a xornada completa e durante 9 meses, con data prevista de inicio o 01 de xullo de 2025,  ao abeiro da Orde do 5 de marzo de 2025 pola que se regulan as subvencións para o fomento de emprego no medio rural (Aprol rural), e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025.

Entre outros requisitos para poder optar a estos postos de traballo hai que estar desempregados, non ocupados e dispoñible para o emprego, e inscritos no servizo público de emprego (oficina de Viveiro), tanto no momento da selección como no da contratación.

Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local municipal, ou pinchando no seguinte enlace onde están expostas as bases de selección: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.6