O Concello do Vicedo porpón a tódalas persoas en activo, de alta nalgún réxime da seguridade social: xeral, autónomos, agraria ou réxime especial do mar, varios cursos formativos:
- Elaboración artesanal de conservas e semiconservas.
- Cociña tracicional.
- Repostería caseira.
- Técnicas de poda e enxerto nas árbores froiteiras.
- Horticultura ecolóxica.
- Fruticultura ecolóxica.
A duración é de 30 horas. O horario está por determinar, pero será fóra dos horarios máis habituais de traballo.
Os interesados en un ou varios cursos deben de inscribirse antes do próximo 31 de xaneiro, pasanto pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, situada na Casa de Cultura do Vicedo, ou chamar ó 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario