jueves, 7 de febrero de 2008

CONTRATACIÓNS INCENDIOS

A empresa pública SEAGA publicou as bases para a elaboración das listas previas para a posterior contratación de persoal para o servizo de incendios en distintas categorías: peóns, peóns especialistas...

Podes inscribirte en un máximo de tres categorías e dous ámbitos territoriais ou zonas xeográficas, e os requisitos a cumprir son:
- Ser español ou ciudadano da Unión Europea.
- Situación de legalidade en España (no caso de extranxeiros).
- Idade: ter cumplidos os 18 anos e non superar os 65.
- Titulación: según categoría, mínimo certificado de escolaridade.
- Non padecer enfermidade ou defecto que inhabilite para o posto.
- Non ter sido separado por expediente disciplinario do servizo en SEAGA ou calquera administración.
- Acreditar coñecementos de galego (diploma ou certificado), senón é necesario superar unha proba oral.

PRAZO DE INSCRICIÓN: finaliza o 19/02/2008

MÁIS INFORMACIÓN: pasando pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local do concello, sita na Casa de Cultura ou na páxina web http://www.epseaga.com

No hay comentarios: