Está aberto o prazo de presentación das axudas do programa Leader Galiza 2007-2013 que subvencionará proxectos produtivos e non produtivos en relación coas seguintes medidas:
1.- Dinamización do sector agrario e forestal.
2.- Mellora medioambiental e do contorno rural.
3.- Diversificación da economía rural e mellora da calidade de vida.
Estas axudas poden ser de interese tanto para novos empresarios como empresarios en activo.
A xestión destas axudas corresponde á Asociación de Desenvolvemento da Comarca de A Mariña (GDR-1) con sede en Mondoñedo, pero si necesitan máis información ou os modelos de solicitude poden dirixirse en primeira instancia á Axente de emprego e desenvolvemento local do concello do Vicedo, Dña. Manuela Domínguez, con oficina sita na Casa da Cultura.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario