miércoles, 13 de octubre de 2010

APERTURA DE PRAZO PARA INSCRICIÓN NAS LISTAS DE CONTRATACIÓN DE SEAGA

Ata o próximo día 30 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata o persoal para as brigadas de extición de incendios. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería:
- Fotocopia cotexada do DNI
- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.
- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.
- Certificado médico (un por categoría).
- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.
- Documentación acreditativa dos méritos.
- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.
- Vida laboral actualizada.
- Certificado de empadroamento.
- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.
Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com

No hay comentarios: