miércoles, 20 de octubre de 2010

OFERTAS DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello de O Vicedo as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso de méritos, dun educador infantil, a xornada completa, para o punto de atención á infancia. O prazo de inscrición finaliza ás 13:00 horas do próximo día 26 de outubro.
Os requisitos para os candidatos son:
- Ser español ou cidadán da Unión Europea
- Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil
- Ter coñecementos de primeiros auxilios.
- Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
- Estar vacinado contra a rubéola.
- Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
- Non haber traballado para o concello de O Vicedo, máis de 18 meses nos 30 últimos.

No hay comentarios: