viernes, 16 de septiembre de 2011

OFERTA DE EMPREGO


O Concello de O Vicedo presentou na oficina de emprego de Viveiro unha oferta de traballo para un MESTRE ESPECIALIZADO EN EDUCACIÓN INFANTIL, para o Punto de atención á infancia municipal, subvencionado por "Programas de cooperación" da Consellería de Traballo e Benestar.

Requisito imprescindible estar desempregado, inscrito na oficina de emprego e ser convocado pola antedita oficina.


Máis información contactar coa axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: