A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou, mediante publicación no DOG de 09/01/2012, o procedemento para a avaliación e a acreditación das competencias profesionais adquiridas polas persoas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación en distintas especialidades: http://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Acreditaci%C3%B3n/2012/folleto_acreditacion_2012.pdf
Fases do procedemento:
- Recoñecemento (si hai máis candidatos que prazas, pasarán a seguinte fase segundo a puntuación acadada na baremación de méritos).
- Asesoramento.
- Avaliación.
- Acreditación e rexistro das competencias.
Requisitos:
- Asesoramento.
- Avaliación.
- Acreditación e rexistro das competencias.
Requisitos:
-Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II e III.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, ou 2.000 horas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel II. Mínimo 2 anos, ou 1.200 horas traballadas nos últimos 10 anos para os de nivel I.
* Ter formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel II e 200 horas nas de nivel I.
- Non estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial, nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia nas que soliciten a súa inscrición.
O prazo de solicitude estará aberto desde o próximo día 16 de xaneiro ata o 15 de febreiro do 2012.
Para máis información e solicitudes na oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura de O Vicedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario