Persoas beneficiarias:
1.- As persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, sempre que:
• Sexan titulares ou cotitulares do negocio ou explotación, ou ben formen parte de sociedades civís ou comunidades de bens sempre que as soliciten a título persoal.
• Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
• Non percibisen subvencións ao abeiro do programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.
* Non desenvolvesen como traballadores/as autónomos/as a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos 6 meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estiveran de alta como traballadores/as autónomos/as en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos 3 meses inmediatamente anteriores.
2.- As persoas beneficiarias da subvención pola primeira contratación indefinida serán os traballadores ou traballadoras autónomos/as ou profesionais, que realicen esta contratación durante o primeiro ano de actividade, para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tipos de axuda:
• Subvención polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia (subvención a fondo perdido que esixe unha inversión mínima de 3.000 euros)
. Subvención financeira.
• Subvención para asistencia técnica.
• Subvención para formación.
• Axuda excepcional para o financiamento dos primeiros gastos da actividade (subvención a fondo perdido para gastos correntes)
• Subvención pola primeira contratación indefinida.

Prazo de solicitudes:
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das distintas axudas deste programa será de un mes desde a data da solicitude de alta na Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional ou desde realizada a contratación indefinida. En todo caso, este prazo finalizará o 30 de setembro de 2012, aínda que non transcorreran dous meses desde a dita alta (art. 11º.2).
As actuacións realizadas entre o 1 de outbro do 2011 e o 20 de xaneiro do 2012, poderán acollerse a esta axuda e o prazo de solicitude remata o 30 de marzo de 2012.

Máis información e solicitudes: oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario