viernes, 2 de marzo de 2012

RECOÑECEMENTO DA EXPERIENCIA PROFESIONAL

Desde o 1 de marzo e ata o 31 de marzo do 2012, está aberto o prazo de solicitude para o recoñecemento da experiencia profesional en:

- Operacións básicas de restaurante bar.

- Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial.

A Consellería de Traballo e Benestar realiza unha convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.

Requisitos:

-Posuír nacionalidade española.

- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.

- Ter experiencia laboral ou formación.

* Mínimo 3 anos e 2.000 horas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel II.

* Mínimo 2 anos e 1.200 horas traballadas nos últimos 10 anos para os de nivel I.

- No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel II e 200 horas nas de nivel I

No hay comentarios: