Axuda convocada pola Consellería de Traballo e Benestar
Beneficiarios:
Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:
■que sexan empresas de nova creación
■que sexan viables técnica, económica e financeiramente
■que xeren emprego estable para persoas desempregadas
■que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
■que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
■que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e
■que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
Tipos de axuda
• Subvención á xeración de emprego estable
Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:
A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.
• Subvención financeira
Redución dos xuros de préstamos necesarios para a creación e posta en marcha das empresas tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible.
Esta subvención será como máximo de catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo. O importe desta subvención deberá destinarse á amortización do principal do préstamo.
O importe máximo desta subvención non poderá superar as seguintes contías:
A. 4.000 euros para desempregados en xeral.
B. 5.000 euros para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
C. 5.000 euros para mulleres desempregadas.
D. 5.600 euros para mozas desempregadas de 30 ou menos anos.
E. 6.000 euros para persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego, persoas desempregadas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, persoas desempregadas pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social e persoas desempregadas con discapacidade.
Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar. (Ver nota informativa sobre a subvención financeira).
Para os efectos do cálculo da contía desta axuda teranse en conta os postos de traballo creados desde o 01/10/2011 ata o 30/09/2012.
• Subvención para asistencia técnica
Para axudar á persoa promotora ou empresario/a na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa. A asistencia técnica poderá consistir nas modalidades de formación e realización externa de estudios e informes sobre a actividade.
A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 12.000 euros polo conxunto das modalidades de asistencia técnica previstas.
• Subvención para o inicio da actividade
Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de ata 2.400 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Para as persoas desempregadas de longa duración e as persoas desempregadas con discapacidade a contía desta subvención será de ata 3.600 euros. Para as persoas desempregadas que esgotasen a prestación por desemprego a contía desta subvención será de ata 4.800 euros.
Serán subvencionables os gastos de constitución da empresa, a compra de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade e subministracións.
• Subvención para a conciliación da vida profesional e persoal dos promotores.
Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.
Poderán ser beneficiarias as empresas polos promotores que obtendo a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social.
• Incrementos dos incentivos.
As contías máximas das axudas deste programa, incrementaranse nun 25% nos casos de que a empresa teña o seu domicilio social e o centro de traballo nun concello das provincias de Lugo e Ourense.
Procedemento de concesión
As subvencións se concederán unha vez sexa comprobado o cumprimento dos requirimentos e condicións establecidas na orde de convocatoria ata o esgotamento do crédito.
Prazo de solicitudes
• O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2012. Non obstante deberán respectarse os prazos específicos establecidos para cada tipo de axuda:
• Subvención á xeración de emprego estable: 1 mes desde a data de alta na Seguridade Social.
* Subvención financeira: 1 mes desde o inicio da actividade.
• Subvención para asistencia técnica, subvención para o inicio da actividade e subvención para a conciliación da vida profesional e laboral dos promotores: no prazo xeral.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario