Proximamente ponse en marcha a iniciativa “Tomando as rendas”, sobre o fomento do autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais que teñen á súa arredor oportunidades empresariais pero non dispoñen do coñecemento, financiamento e decisión para poñer en marcha as súas propias empresas.
As actividades que se levarán a cabo teñen 3 partes ben diferenciadas:
1. Motivación ao emprendemento e maduración de ideas empresariais por parte das usuarias
2. Capacitación dixital básica e ofimática a nivel usuario
3. Formación en “Plan de Empresa”: a través de 5 talleres en modalidade online que se poñen a disposición das usuarias na plataforma do proxecto (www.tomandolasriendas.es)
A primeira parte consistirá nunha videoconferencia ditada dende Santiago de Compostela, e na que participarán, ademais de Vicedo, outras aulas da xeografía galega.
Para tomar parte nesta iniciativa as persoas interesadas deberán inscribirse na Aula Cemit do Concello de O Vicedo, sita nos baixas da Casa da Cultura. E-mail: cemit.ovicedo@xunta.es. Tlf.: 982590195
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario