OBXECTO DAS AXUDAS: Adquisición de ordenadores, software de xestión e outros equipamentos por parte dos comercios minoristas.
REQUISITOS: Comercios minoristas que cumpran os seguintes requisitos:
- De alta no IAE nos correspondientes epígrafes que aparecen a continuación e non estar de alta noutros epígrafes (antes do 29 de agosto do 2011 en polo menos un deles): 641, 642, 643, 644, 645, 647.1, 647.2, 647.3, 651, 652.2, 652.3,653, 654.2, 654.5, 657, 659.2, 659.3, 659.4, 659.5, 659.6, 659.7, 661.3, 662.2, 663.1, 663.2, 663.3, 663.4, 663.9
- Os comerciantes ambulantes inscrito no correspondente rexistro antes da finalización do prazo de solicitude.
- Non superar os dez traballadores.
- Os locais comerciais non deben superar os 150 m2 de superficie comercial destinada a exposición e venda o público. Esta limitación non é de aplicación as actividades dos epígrafes 653.1º e 663.
- Os beneficiarios non poden haber recibido desta consellería subvencións para equipamentos similares nos exercicios que van desde o 2006 ó 2010.
LUGAR DE SOLICITUDE: Nas tiendas informáticas inscritas como colaboradoras da Consellería a estos efectos (consultar listado, en Viveiro a única tenda na que se pode solicitar é FUTURES)
IMPORTE DA SUBVENCIÓN: Cada unha das subvencións acadará o 70% do importe do investimento subvencionable (non é subvencionable o IVA). Investimento subvencionable máximo 2.142,80 euros (IVE excluido) e polo tanto a subvención máxima serían 1.500 euros por beneficiario.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
1º. Modalidade A: Adquisición dun ordenador portátil ou de escritorio, segundo unhas opcións predeterminadas, das cales só se poderá elexir unha.
2º. Modalidade B: Paquete software de xestión.
3º. Modalidade C: Páxina web comercial.
4º. Modalidade D: periféricos e outros compoñentes: lector de código de barras, caixón portamoedas, impresora tíckets.
5º. Modalidade E: paquete TPV integrado
OBRIGAS DOS BENEFICIARIOS:
-Cumprir o obxectivo que fundamenta a concesión da subvención.
- Xustificar ante a entidade colaboradora o cumprimento dos requisitos.
- Someterse, si é o caso, ás actuacións de inspección e control
- Facilitar toda a información que lle sexa requerida.
- Manter a propiedade sobre os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 5 anos.
- Comunicar a obtención doutras axudas para o mesmo fin.
- Manter un sistema de contabilidade separado ou código contable axeitado que facilite unha pista de auditoría.
PRAZO DE SOLICITUDE: Desde o 26 de xullo ata o 10 de novembro de 2012, ou ata que se esgote o crédito.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario