Están expostas no taboleiro de anuncios as bases para a selección, mediante oposición, dun auxiliar administrativo, a xornada completa, e cunha duración de seis meses, con adscrición á Secretaría-Intervención do concello do Vicedo.
Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Posuír ou estar en condicións de obter o Título académico esixido: título de graduado escolar, ESO, formación profesional de primeiro grao, ciclo formativo de grao medio ou equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite a súa homologación.
Todos estos requisitos deben acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de solicitudes, é decir, antes das 9:30 h. do día 27 de xullo de 2012. A partir, das 10:00 h. do mesmo día, celebraranse as probas de selección na Casa Consistorial.
Para máis información e solicitudes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando o 982590195
No hay comentarios:
Publicar un comentario