Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPIADORA a media xornada, durante seis meses.
Requisitos:
- Estar en posesión da titulación de estudios primarios ou certificado de escolaridade.
- Ter cumpridos os 16 anos.
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto Básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
O prazo de inscrición remata o próximo día 05 de outubro, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 h. na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario