Está aberto o prazo de inscrición a partir do día de hoxe e ata o próximo día 10 de outubro, para asistir ás probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2.
As probas realizaranse en Silleda o día 24 de novembro.
Estas probas é necesario superalas para acceder a algúns cursos de formación dirixidos prioritariamente a desempregados subvencionados pola Consellería de Traballo e Benestar, no caso de non posuir a formación mínima esixida: titulación ESO, FP1, outro certificado de profesionalidade do mesmo nivel, outro certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia, non ter acreditada competencia en galego nivel CELGA2, etc.
Para máis información e solicitude pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura de O Vicedo ou chamar o 982590195
No hay comentarios:
Publicar un comentario