miércoles, 24 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO DA EMPRESA SEAGA PARA TRABALLAR EN EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Ata o próximo día 31 de outubro está aberto o prazo para actualización de méritos e novas inscricións nas listas de contratación da empresa pública SEAGA, que actualmente contrata o persoal para as brigadas de extición de incendios. Os requisitos varían según as categorías e a documentación a presentar sería:


- Fotocopia cotexada do DNI

- Fotocopia cotexada do título esixido para cada categoría.

- Declaración de non ter sido separado mediante expediente disciplinario da prestación de servizos para a empresa SEAGA.

- Certificado médico (un por categoría).

- Fotocopia cotexada do carné de conducir si é o caso.

- Documentación acreditativa dos méritos.

- Fotocopia cotexada da acreditación do coñecemento da lingua galega.

- Vida laboral actualizada.

- Certificado de empadroamento.

- Si é o caso, copia cotexada da acreditación da minusvalía.

Para máis información e inscricións: axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na casa de cultura. Ou a través da páxina web da empresa seaga: http://www.epseaga.com (apartado ofertas de emprego)

No hay comentarios: