lunes, 29 de octubre de 2012

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador familiar, a media xornada, con adscrición o departamento de servizos sociais do concello de O Vicedo.



Requisitos:
- Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, do 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
- Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
- Estar en posesión dalgunha das seguintes titulacións: graduado/diplomado en educación social ou traballo social, licenciado en psicoloxía, pedagoxía e psicopedagoxía.
No caso de titulacións obtidas no extranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidelmente a súa homologación.
- Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 19 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto ata as 9:30 horas do día 7 de novembro de 2012, realizándose a proba de selección ese mismo día a partir das 10:00 horas na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina de técnico de emprego, Manuela Domínguez, sita na Casa da Cultura.



No hay comentarios: