Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun educador infantil para o Punto de atención á infancia municipal, desde o próximo día 2 de xaneiro de 2013 ata o día anterior o inicio do novo curso escolar 2013/2014.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público, respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber traballado para este Concello máis de 15 meses dentro dos 30 últimos meses inmediatamente anteriores ó 31 de agosto de 2011. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e interinidade, e os contratos temporais celebrados no marco de programas públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
Os catro primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de decembro de 2012, ás 14:00 horas.
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o 982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente datada e selada.
Poder consultar as bases pinchando no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/?x=2GS7j0BT-BCC5RVTZojhjg
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario