jueves, 24 de enero de 2013

CONVOCATORIA PRAZA AXENTE TIC


No Boletín oficial da provincia de Lugo do día de hoxe, 24/01/2013,  publicouse o anuncio da convocatoria para a selección, mediante concurso-oposición, dun Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas (Axente TIC), a xornada parcial, como persoal laboral temporal do concello de O Vicedo, e encargado da aula CEMIT.


Poden consultar as bases e descargar a instancia de solicitude no seguinte enlace:
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3   (pinchar en emprego público, apartado taboleiro de anuncios).


Según aparece nas bases de selección a documentación que debe acompañar a instancia de solicitude é:
- Copia compulsada do DNI.
- Copia compulsada da titulación esixida: Técnico superior en desenvolvemento de aplicacións informáticas.
- Copia compulsada da acreditación de estar en posesión do CELGA 4 ou curso de perfeccionamento do galego.
- Acreditación dos méritos en caso de existir, en orixinal ou copia compulsada, de: vida laboral máis contratos de traballo, diplomas dos cursos relacionados co posto e outras titulacións relacionadas co posto de traballo.

Si a documentación se presenta directamente no Concello, deben traer os orixinais e xa se lles fan aquí as copias compulsadas.

Si presentan a solicitude noutro rexistro distinto o do propio Concello, ademáis de todo o anterior, deben de enviar por fax ou correo electrónico, dentro do prazo estipulado, unha copia da solicitude correctamente presentada e datada, según o estipulado nas bases.

O prazo de solicitude é de 10 días naturais a contar desde o día seguinte o da publicación no Boletín oficial da provincia.

No hay comentarios: