miércoles, 30 de enero de 2013

PROBAS DE LIBRE PARA A OBTENCIÓN DO GRADUADO ESO

Onte publicouse no DOG a Resolución que convoca as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria para maiores de dezaoito anos. Os exames serán o 31 de maio e o 12 setembro de 2013 e os períodos de inscríción para cada unha das convocatorias serán entre o 2-15 de abril e do 1 ao 8 de xullo, respectivamente.


Requisitos para poder participar:
- Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
- Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria ou de calquera outro declarado equivalente.
- Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria.
- Non estaren matriculados de forma oficial nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria, na educación secundaria para persoas adultas ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial.
O alumnado de educación secundaria para persoas adultas poderá participar nas probas se presenta a renuncia ao dereito a ser avaliado pola matrícula oficial ante a dirección do centro no que está matriculado.

Pode atopar toda a información relacionada coa proba na seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

No hay comentarios: