viernes, 15 de marzo de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, a xornada completa, para sustiuir a unha das auxiliares de axuda no fogar de baixa por enfermidade. A data de inicio prevista é o día 25 de marzo e ata que finalice a sustitución.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de marzo, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.







No hay comentarios: