jueves, 23 de mayo de 2013

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS PROFESIONAIS. 2013

Ata o 12 de xuño de 2013, está aberto o prazo, para a acreditación das competencias profeionais adquiridas a través da experiencia profesionalidade ou ensinanzas non formais en distintas cualificacións, por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Para acceder a este procedemento, os candidatos e as candidatas deberán cumprir os seguintes requisitos:

A. Posuír a nacionalidade española, dispor do certificado de rexistro de cidadanía comunitaria ou da tarxeta de familiar de cidadá ou cidadán da Unión Europea, ser titular dunha autorización de residencia ou de residencia e traballo en España en vigor, nos termos establecidos na normativa española de estranxeiría e inmigración.

B. Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para unidades de competencia correspondentes a cualificacións de nivel I, e ter 20 anos para as unidades de competencia de nivel II e III.

C. Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queiran acreditar:

c.1. No caso de experiencia laboral, xustificar polo menos tres anos cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos dez anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria, para as unidades de competencia de niveis II e III e, para unidades de competencia de nivel I, xustificarán polo menos 2 anos cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.
c.2. No caso de formación, xustificar polo menos 200 horas para unidades de compencia de nivel I ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis II e III, nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Nos casos nos que os módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretenda acreditar prevexan unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes módulos.

D. As persoas candidatas non poderán estar matriculadas nin cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial (ordinario ou modular), nin para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición. Tampouco poderán ter completado un curso de formación profesional inicial nin de formación para o emprego polo que teñan dereito á acreditación directa das mesmas unidades de competencia que agora se convocan. Para todo isto, presentarán declaración xurada.

As persoas maiores de 25 anos que cumpran os requisitos de experiencia laboral ou formativa indicados na alínea anterior e que non poidan xustificalos mediante os documentos sinalados, poderán solicitar a súa inscrición provisional no procedemento, sempre e cando presentaran a xustificación mediante algunha proba admitida en dereito, da súa experiencia laboral ou das aprendizaxes non formais de formación. Unha comisión de coordinación será a encargada de estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á súa inscrición definitiva.

Máis información pinchando no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion

No hay comentarios: