O pasado día 16 de maio publicouse no DOG a convocatoria de subvencións para a organización de OBRADOIROS DE EMPREGO por parte dos concellos.
Os OBRADOIROS DE EMPREGO son programas mixtos de formación e emprego, convínase a formación profesional relacionada directamente co posto de traballo e o traballo efectivo. A duración é de 6 meses, e os/-as participantes contrátanse desde o primeiro día cun contrato de formación e aprendizaxe. Como principal novidade este ano poderán participar desempregados cunha idade igual ou superior aos dezaoito anos.
Os interesados ademáis de desempregados sin ocupación, deben estar inscritos na oficina de emprego.
En caso de estar interesados deberían inscribirse canto antes porque o número de desempregados é importante para que nos concedan un obradoiro de emprego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario