Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, de DOUS EDUCADORES INFANTÍS, para o Punto de atención á infancia municipal, durante o curso 2013/2014, desde o próximo
día 11 de setembro de 2013 ata o día anterior o inicio do novo curso
escolar 2014/2015.
Os requisitos para os candidatos son:
1º) Ter nacionalidade española, sen prexuízo do disposto no artigo 57 da
Lei 7/2007, de 12 de abril, do estatuto básico do empregado público,
respecto do acceso ó emprego público de nacionais doutros estados.
2º)Ter cumprido os 16 anos e non superar a idade establecida para a xubilación forzosa.
3º)Estar en posesión do título de Técnico superior en educación infantil ou mestre especializado en educación infantil.
4º) Declaración xurada do aspirante de non haber
traballado para este Concello máis de 11 meses dentro dos últimos 30 meses inmediatamente
anteriores, de ser o caso, á data de inicio do contrato, sin ter en conta para
o cómputo anterior o tempo transcurrido entre o 31 de agosto de 2011 e o 31 de
decembro do 2012. Non se terán en conta os contratos formativos, de relevo e
interinidade, a os contratos temporais celebrados no marco de programas
públicos de emprego-formación, así como os contratos temporais que sexan
utilizados por empresas de inserción debidamente rexistradas e o obxecto de
ditos contratos sexa considerado como parte esencial dun itinerario de
inserción personalizado.
5º)Ter coñecementos de primeiros auxilios.6º)Dispoñer do carné de manipulador de alimentos.
7º)Estar vacinado contra a rubéola.
8º)Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións correspondentes a ese posto.
Os catro primeiros requisitos deberán acreditarse antes de que finalize o prazo de presentación de instancias (así como os méritos alegados), e os restantes só deberá acreditalos a persoa seleccionada antes da dación de alta.
O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 22 de xullo de 2013, ás 14:00 horas.
O lugar de presentación será no rexistro de entrada do Concello do
Vicedo, ou mediante as formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/92, de
26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do
procedemento administrativo común.
As persoas que presenten a solicitude por outras formas diferentes ó
rexistro de entrada do Concello do Vicedo, deberán adelantar por fax o
982590001, dentro do plazo estipulado, copia da solicitude correctamente
datada e selada.
Poder consultar as bases pinchando no seguinte enlace (apartado Emprego público):
http://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.3
Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, Dña. Manuela Domínguez Bermúdez, con oficina sita na Casa de Cultura, ou chamando ó 982590195.
No hay comentarios:
Publicar un comentario