miércoles, 17 de julio de 2013

RECOÑECEMENTO EXPERIENCIA PROFESIONAL

A Consellería de Traballo e Benestar, con data 15 de xullo, realiza unha nova convocatoria co fin último de recoñecer a experiencia laboral ou outra formación a través da obtención si procede do correspondente certificado de profesionalidade.



PRINCIPAIS REQUISITOS:

- Posuír nacionalidade española.
- Ter 18 anos cumpridos para as unidades de competencia de nivel I e 20 para os niveis II y III.
- Ter experiencia laboral ou formación:
* Mínimo 3 anos, con 2.000 horas traballadas nos últimos 10 anos para as unidades de nivel 2 e 3.
* No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos nas unidades de nivel 2 e 3.
- Non estar matriculados ou cursando simultaneamente un curso de formación profesional inicial ou para o emprego conducente á acreditación das unidades de competencia en que soliciten a súa inscrición.



ESPECIALIDADES CONVOCADAS:

-  FABRICACIÓN E MONTAXE DE INSTALACIÓNS DE TUBAXE INDUSTRIAL.
- SOLDADURA OXIGÁS E SOLDADURA MIG/MAG
- SOLDADURA CON ELÉCTRODO REVESTIDO E TIG
Prazo de inscrición: 10 días naturais desde a publicación no DOG, ata o 25 de xullo do 2013.

Inscricións e máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura de O Vicedo, ou chamando ó 982590195

No hay comentarios: