miércoles, 21 de agosto de 2013

OBRADOIRO DE EMPREGO

Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Río Sor". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 5 persoas.
- Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes: 5 persoas.

Os candidatos deberán de ser maiores de 18 anos e estar inscritos como desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación nese momento. Ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas bases de selección.

Os interesados deben pasar pola oficina de emprego para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego.

Ademáis, contratarase a un director, tres monitores (dous de xardinería e  un de atención sociosanitaria a persoas no domicilio) e un administrativo a media xornada.

Para máis información, contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local, con oficina sita na Casa da Cultura, ou chamar o 982590195






No hay comentarios: