viernes, 2 de agosto de 2013

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dun/dunha TRABALLADOR/-A SOCIAL, a xornada completa, durante seis meses, sendo a data de inicio prevista o día 22 de agosto de 2013.


O prazo de inscrición remata o vindeiro día 20 de agosto, ás 9:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinchando no seguinte enlace poden consultar as bases e obter a instancia de solicitude (apartado Emprego público):


Documentación a aportar coa solicitude:
- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da titulación requerida.
- Si é o caso, vida laboral.
- Si é o caso, fotocopia de contratos laborais en postos similares.
Deben traer os orixinais para ser fotocopiados en estas oficinas municipais

No hay comentarios: