viernes, 13 de septiembre de 2013

AXUDAS A EMPRENDEDORES

O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal (GAC1), entidade colaboradora da Consellería do Medio Rural e do Mar, concede axudas de ata o 60%  para proxectos de creación de empresa vinculadas ao mar e que podan encadrarse dentro dalgunha das seguintes medidas:

- Fortalecemento da competitividade do sector pesqueiro.
- Diversificación e fortalecemento da economía nas zonas pesqueiras.
- Cohesión social.
- Mellora ambiental nas zonas de pesca.

O prazo de solicitude remata o 31 de marzo de 2014, pero no último semestre resolven tódolos proxectos presentados ata o 30 de setembro de 2013, o resto a partir do 31 de marzo de 2014.

Si necesitas máis información podes contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello de O Vicedo, ou directamente na oficina do GAC en Celeiro, sita na rúa da praia, 1-2º, ou chamando ó 982563355.

No hay comentarios: