Esta orde da Consellería de Traballo e Benestar ten por obxecto
o establecemento das bases reguladoras e as condicións polas que se rexerá ( no
ámbito da C. A. de Galicia), a convocatoria pública das subvencións para o
financiamento da formación asociada aos
contratos de formación e aprendizaxe regulados polo R.D 1529/2012 , do 8
de novembro, que exceda o 25% da xornada
laboral.
ENTIDADES
BENEFICIARIAS.
Poderán ser entidades beneficiarias as empresas que
contratasen traballadores baixo a modalidade do contrato para a formación e a
aprendizaje durante o ano 2013 , cunha dedicación ao tempo de formación que
exceda o 25% da xornada laboral efectiva do traballador.
REQUISITOS DA CONTRATACIÓN.
A) O contrato para a formación e aprendizaxe deberá celebrarse
con traballadores mayores de 16 anos e menores de 30 anos, que carezan de
cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación
profesional para o emprego ou do sistema educativo requerida para concertar un
contrato en prácticas para o posto de traballo ou ocupación obxecto do
contrato.
B) A duración mínima do contrato será dun ano e a máxima
de tres.
DETERMINACIÓN DAS SUBVENCIÓNS PARA A
ACCIÓN FORMATIVA.
O importe da subvención concretarase no producto das horas de
formación que excedan o 25 % da xornada laboral asociadas aos contratos de
formación e aprendizaxe polo número de persoas traballadoras contratadas e polo
importe do módulo económico . Este importe será de oito euros para a modalidade
de formación presencial e de cinco euros para a teleinformación.
PRAZO DE PRESENTACIÓN:
ata o 15 de xuño de
2014
No hay comentarios:
Publicar un comentario