jueves, 9 de enero de 2014

BOLSAS FORMACIÓN CONSELLERÍA ECONOMÍA E INDUSTRIA

No DOG do día de hoxe convócanse 4 bolsas de formación na Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para titulados.

 A Dirección Xeral de Comercio elaborará un programa formativo que integrará principalmente aspectos relativos á actividade comercial, o estudo e análise da pequena e mediana empresa comercial, e o sector da distribución e as estruturas comerciais. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas materias sobre as cales o centro directivo ten competencia e, en concreto, a artesanía.  Duración máxima das bolsas ata o 30 de decembro

Requisitos:

a) Ter nacionalidade española ou ser nacionais de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliado/a na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.

c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou de grao. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2005 ou posterior.

d) Non ter desfrutado anteriormente doutra bolsa de formación na Dirección Xeral de Comercio.
e) Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda.
f) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.

g) Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario/a sinaladas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº 121, do 25 xuño).

Prazo de presentación: un mes, ata o 9 de febreiro de 2014



No hay comentarios: