miércoles, 24 de septiembre de 2014

BOLSAS DE FORMACIÓN CONVOCADAS POLA EXCEMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

No BOP de Lugo do día de hoxe aparece publicada a convocatoría de dúas bolsas de formación, por un período de 12 meses, para colaborar na Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Requisitos específicos e obrigatorios das persoas solicitantes:

Para solicitar as bolsas a que se refire esta convocatoria é necesario e obrigatorio, ademáis de reunir os
requisitos xerais establecidos na base terceira desta resolución:
- Ser licenciado/a en Empresariais ou Grao en Empresariais
- Ser Licenciado/a en Económicas ou ter o Grao en Económicas
- Ser licenciado/a en Dereito/ Grao en Dereito
- Coñecementos informáticos.
- Ter experiencia na realización de análises estatísticos, económicos – sociais e culturais do territorio.
- Ter experiencia na posta en marcha de estratexias de desenvolvemento social, cultural e económico
- Ter coñecemento dos instrumentos normativos que regulan o municipio, a provincia e maila
Comunidade Autónoma..
- Ter coñecementos en lingua galega (Perfeccionamento e/ ou celga 4)
- Cantos outros estimen oportunamente a Comisión de Valoración para a mellor valoración da
idoneidade (aptitude e a actitude) dos candidatos/as para este programa formativo

Prazo de solicitude:  10 días naturais contados a partir do día seguinte o da convocatoria, é decir, ata o 4 de outubro.
 
Máis información:
 http://www.deputacionlugo.org/portal_localweb_ag/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_10723_1.pdf#PAGE=2

No hay comentarios: