A Deputación abriu hoxe o prazo de inscrición das novas 50 bolsas Leonardo da
Vinci, que se poden solicitar ata o 7 de outubro. Están dirixidas a lucenses
menores de 35 anos, con titulacións relacionadas coa agricultura, silvicultura,
pesca, medio ambiente, turismo, informática e ciencias da vida. O modelo de
inscrición e a información detallada sobre as becas atópase publicada en www.deputacionlugo.gal.
O obxectivo das Leonardo da Vinci é mellorar a formación dos participantes, con prácticas en prestixiosas empresas de Europa, para facilitar a súa inserción laboral de volta no país. Teñen unha duración de 3 meses e medio. Nos primeiros 15 días, os beneficiados realizarán cursos de idiomas. Durante 3 meses, farán prácticas en recoñecidas entidades, vinculadas coas súas profesións, de países como Austria, Italia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Irlanda, entre outros. Durante todo o proceso, contarán cun titor, que fará un seguimento continuado da súa formación.
As becas son a custe cero para os mozos grazas ós fondos europeos que captou o organismo provincial. Están dotadas de 231.000 euros, financiados nun 70% pola Unión Europea e nun 30% con fondos propios da Deputación, que asuma os gastos de desprazamento, aloxamento, manutención, transporte local e de cursos de idiomas.
A previsión é resolver as bolsas de emprego antes de finalizar o ano para que os mozos comecen as prácticas a comezos do 2015.
Con esta nova convocatoria, xa son 310 as bolsas Leonardo da Vinci que pon en marcha a Deputación na provincia nos últimos tres anos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario