martes, 18 de noviembre de 2014

OFERTA DE EMPREGO



Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha LIMPADORA, con contrato de interinidade, para cubrir vacacións do persoal do servizo de limpeza municipal, desde o día 12 de decembro de 2014 ata o 19 de xaneiro de 2015, co mesmo horario das persoas as que sustitúe.

O prazo de inscrición remata o próximo día 27 de novembro, ás 15:00 horas, realizándose o proceso de selección o día 28 de novembro a partir das 10:00 horas, na Casa do concello.

Para máis información e inscricións: pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: