Está previsto proximamente por en funcionamento un Obradoiro de emprego
conxunto para os concellos de O Vicedo, Ourol e Muras, denominado "Río
Sor III". O número de alumnos/-as participantes é de 20, correspondendo 10 a
este concello e distribuidos do seguinte xeito:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 4 persoas.
- Traballos de carpintería e moble: 6 persoas.
Os candidatos deberán de ser maiores de 18 anos e estar inscritos como
desempregados na oficina de emprego de Viveiro e carecer de ocupación
nese momento. Ademáis doutros requisitos que poden establecerse nas
bases de selección.
No caso da especialidade de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais requírese unha titulación mínima.
Os interesados deben pasar pola oficina de emprego para inscribirse especificamente para Obradoiros de emprego e nunha das dúas especialidades en concreto.
Ademáis, contratarase outro persoal de xestión e apoio: un director, monitores un adminsistrativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario