viernes, 12 de febrero de 2016

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, a xornada parcial (29 horas/semana), para o servizo municipal de axuda no fogar. A data de inicio prevista é o próximo día 07  de marzo , e a duración do contrato seis meses.

O prazo de inscrición remata o vindeiro día 22 de febreiro, ás 15:00 horas. A selección realizarase o día 24 de febreiro a partir das 10:00 na Casa Consistorial.

Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura.

No hay comentarios: