Están expostas no taboleiro de anuncios do concello as bases para a
contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición, dunha
AUXILIAR DE AXUDA NO FOGAR, para cubrir vacacións das auxiliares de
axuda no fogar do servizo municipal de axuda no fogar. A data de
inicio prevista é o día 23 de abril, e a xornada variará en función da
persoa a que sustitúa.
O prazo de inscrición queda aberto desde o día 6 de abril de 2018 remata o vindeiro día 16 de abril de 2018, ás 09:30 horas. A selección realizarase ese mesmo día 16 de abril de 2018, a partir das 10:00 na Casa Consistorial.
Para máis información e inscricións pasar pola oficina da Axente de emprego e desenvolvemento local, sita na Casa da Cultura, ou pinche no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0
No hay comentarios:
Publicar un comentario