martes, 26 de junio de 2018

AXUDAS A NOVOS EMPRENDEDORES






Subvención á creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como aos proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme. (Concorrencia competitiva).

Considérase novo emprendedor, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.
Considérase nova peme: a) No caso dos autónomos, cando a data de alta censual non teña unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda e deberá ter unha dedicación plena ao proxecto e non poderá desempeñar outra actividade por conta propia ou allea desde a alta de actividade (ou, no caso de contar con alta de actividade no momento da solicitude de axuda, desde o día da dita solicitude). b) No caso de sociedades, cando tanto a súa data de constitución como a súa data de alta censual non teñan unha antigüidade superior a 42 meses no momento da solicitude de axuda.

Beneficiarios: as pequenas e medianas empresas que cumpran as condicións establecidas nesta Orde (artigo 4. apdo. d) actividades excluídas).

Prazo de presentación de solicitudes:
Na convocatoria 2018.1: do 26.06.2018 ao 27.07.2018.
Na convocatoria 2017.2 do 30.07.2018 ao 25.10.2018.
 

Intensidade de axuda: Con carácter xeral a subvención poderá chegar ata o 20 % dos investimentos subvencionables e ata o 30 % se o beneficiario é unha pequena empresa, agás os gastos do artigo 5.1.f) da orde, que poderán chegar ao 10 % no caso de medianas empresas e ao 20 % no caso de pequenas empresas.

Solicitudes: Dentro do prazo establecido na convocatoria para presentar a solicitude de axuda, os interesados deberán cubrir previamente un formulario descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o cal solicita a subvención a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. As solicitudes presentaranse por medios electrónicos.


Requisitos a destacar: a) Non ter comezado antes da presentación da solicitude de axuda. b) Presentar un custo subvencionable igual ou superior a 25.000 € e non superior a 500.000 €, que se realizará no prazo de execución do proxecto que se estableza na resolución de concesión; se o custo subvencionable resultase superior a 500.000 €, o Igape reduciría a base subvencionada a esta cantidade. c) Os gastos e/ou investimentos subvencionables terán que estar localizados no centro de traballo da empresa en Galicia.


No hay comentarios: