miércoles, 13 de junio de 2018

CURSO UNIVERSIDADE VERÁN 2018 EN VIVEIRO DE: MENORES, FAMILIA..


MENORES: FAMILIA, ESCOLA E COMUNIDADE COMO EIXOS DE INTERVENCIÓN EDUCATIVA

Datas: 4 a 6 de xullo
Lugar de celebración: Viveiro
Nº de horas lectivas: 24
Información: Facultade Ciencias da Educación (Campus Vida) da USC. Teléfono: 881813890; Mail: giesculca@usc.es
Obxectivos: analizar a actual realidade dos menores no marco das transformacións sociais e o seu influxo no seu crecemento e formación da personalidade, coñecer o impacto das redes sociais no desenvolvemento e conformación de patróns de actitude e de conduta nos menores e mozos de hoxe, redefinir e, no seu caso, orientar a intervención educativa desde eixos clave para a visión do mundo do menor: familia, escola, e comunidade e revisar programas de acción educativa e mesmo da súa avaliación efectiva, centrados en aspectos e dimensións ligadas ao éxito e/ou ampliación de posibilidades para os menores en risco.
Matrícula: ata o 23 de xuño de 2018.
IMPORTE DA MATRÍCULA: Taxa xeral:70 €. Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €.  A parte, todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, por non ter formalizada matrícula en estudos oficiais na USC no curso académico 2017-18 ou ben, sendo alumnos/as da USC neste curso 2017/18 son de nacionalidade estranxeira ou nacionais maiores de 28 anos e non teñan contratado este seguro nos estudos nos que formalizaron matrícula, deben subscribir o seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe de 16€. UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO.
- Solicitada a homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado.
- Créditos ECTS: 1 crédito transversal. (para estudantes de Bacaharelato e formación profesional este crédito poderá recoñecerse cando se matriculen en carreiras universitarias).


No hay comentarios: