jueves, 7 de junio de 2018

AXUDAS AUTÓNOMOS


Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (TR341Q). Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOGA DO 4 DE XUÑO DE 2018.

Beneficiarios: persoas autónomas de Galicia de alta no RETA ou mutualidade, con antigüedade ininterrumpida no mesmo superior a 42 meses, que ademáis acaden un rendemento neto reducido anual inferior a 30.000 euros e facturación mínima anual de 12.000 euros IVE incluído, todo isto declarado no ano 2017.
Quedan excluídos os autónomos societarios.

Importe: 80% do custo das actividades sinaladas na Orde dirixidas á mellora da competitividade a través de servizos ou investimentos, cun límite máximo de 3.000 euros. Podense solicitar ambas liñas, atendéndose primeiro a Liña 1 e co límite máximo de 3.000 euros para o conxunto das actividades.
Liña 1: Mellora da competitividade a través de servizos: investigación de mercado; plan de marketing; plan de comunicación do negocio; plan estratégico do negocio; plan de crecemento: constitución sociedade; plan de reorientación do negocio; plan de uso das novas tecnoloxías no negocio; plan de refinanciamento.
Liña 2:  Mellora da competitividade a través de investimentos: compra de maquinaria; compra de útiles e ferramentas; reforma do local de negocio; equipos informáticos; rótulos; aplicacións informáticas e páxinas web; creación logotipo do negcio.
Solicitude: na sede electrónica d aXunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Prazo presentación solicitudes: ata o 4 de xullo de 2018, ou ata o esgotamento do crédito

Destacar:
-      Obriga de permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un mínimo de dous anos desde a solicitude da subvención.

No hay comentarios: