lunes, 25 de junio de 2018

AXUDAS A EMPRESAS PARA O RELEVO XERACIONAL


PROGRAMA RELEVO XERACIONAL (TR341S). Doga 21/07/2018

Obxecto: axudas económicas para o relevo xeracional nos negocios das persoas autónomas.

Beneficiarias:
1.    Persoas taraballadoras autónomas que transmitan o seu negocio por cese, e nese momento esté nalgunha das seguintes situacións:
-      Teña 63 anos ou máis, e leve máis de 48 meses de alta no RETA.
-      Declaración de incapacidade total ou absoluta recoñecida pola seguridade social.
-      Persoas herdeiras no caso de deceso da persoa autónoma titular do negocio.
-      No caso de persoas autónomas societarias, para ser beneficiaria, a transmisión debe ser de máis do 50% das accións o participación da sociedade
2.    Tamén serán beneficiarias das axudas as persoas que adquiran o negocio e estén de alta no RETA.
Importe:
-      100% dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 euros por negocio para a persoa transmisora e 1.500 euros por negocio para a persoa adquirinte. No caso de existir varias persoas transmisoras e varias persoas adquirintes os límites son os mesmos, xa que se calculan por negocio.
Destacar:
-      O asesoramento deberá ser efectuado por empresas, entidades, profesionais ou asociacións de autónomos, e deberá plasmarse nun contrato que conteña as cláusulas especificadas nesta orde.
-      Concesión: atendendo á data de presentación ata esgotamento do crédito.
Prazo de solicitudes: ata o 30 de setembro de 2018.

No hay comentarios: