Consellería
de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: RESOLUCIÓN de 2 agosto de 2018, da Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan,
con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos
preparartorios para os certificados de lingua galega Celga, que se realizarán
en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia. DOGA 14/08/2018.
OBXECTO: Convocar con carácter
gratuíto cursos de linguaxe administrativa e cursos preparatorios para os
certificados Celga de nivel 1,2 3 e 4.
Son cursos preparatorios para as probas de obtención do certificado, pero NON
se obtén o certificado por facer o curso.
Os preparatorios do Celga
convócanse como cursos presenciais nas Escolas de Idiomas de A Coruña, Ferrol,
Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo (consultar niveis, localidades,
datas e horarios no anexo II)
PRAZO
solicitude: do 3 ao 12 de setembro de 2018 para cursos do
primeiro cuadrimestre (outubro-xaneiro) e do 2 ao 11 de xaneiro de 2019 para
cursos do segundo cuadrimestre (febreiro-maio).
Máis información: http://www.xunta.gal/dog/
No hay comentarios:
Publicar un comentario