viernes, 17 de agosto de 2018

OFERTA DE EMPREGO

Están expostas no taboleiro de anuncios do Concello do Vicedo, as bases para a selección mediante concurso-oposición, dun/dunha peón de recollida de lixo, como persoal laboral temporal, por un período de seis meses, a xornada completa, sendo a data de inicio prevista o 14 de setembro de 2018.
 
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o día 20 de agosto de 2018, ata o día 29 de agosto de 2018. A selección realizaráse o próximo día 04 de setembro de 2018, ás 10:00 horas, na casa consistorial.
 
Máis información: contactar coa Axente de emprego e desenvolvemento local do concello. Tlf. 982590195/982590029. Tamén se poden consultar as bases no seguinte enlace: https://concellodovicedo.sedelectronica.es/info.0

No hay comentarios: