O prazo de inscrición abarcará todo o mes de outubro, dende o 1 ata o 31 incluídos, nas oficinas de Seaga ou por correo certificado.
As categorías previstas son:
Enxeñeiro de Montes, Enxeñeiro Agrónomo, Enxeñeiro de Camiños, Canles e
Portos, Arquitecto, Licenciado en Dereito, Biólogo, Técnico de
Laboratorio, Titulado en Ciencias do Mar, Licenciado en Económicas, Enxeñeiro
Técnico Forestal, Enxeñeiro Técnico Agrícola, Enxeñeiro Técnico de Obras
Públicas, Arquitecto Técnico, Capataz, Xefe de Brigada,
Maquinista-condutor, Peón Especialista, Peón, Oficial Administrativo, Auxiliar
Administrativo
Os que desexen actualizar méritos só terán que acreditar os méritos de experiencia externa a incorporar (vida laboral e contratos), pois os méritos de Seaga actualízanse de oficio.
Os que desexen inscribirse de novo terán que presentar toda a documentación (DNI, certificado médico, empadroamento, etc...)
A apertura das listas non implica necesariamente que haxa
contratacións nos próximos meses, as contratación se efectúan unha vez
recibidas encomendas de xestión que impliquen a necesidade de traballadores
desas categorías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario