No DOG de hoxe convócanse polo Instituto Galego de Vivenda e Solo axudas para a adquisición de vivendas:
Persoas beneficiarias
1.
Poderán beneficiarse das axudas as persoas físicas maiores de idade que, tendo
menos de trinta e cinco anos na data de presentación da correspondente solicitude,
reúnan os seguintes requisitos:
a)
Posuír a nacionalidade española ou, no caso de ser estranxeiras, ter a
residencia legal en España.
b)
Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia
sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM.
Este
límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de
categoría xeral ou dentro da súa composición existan persoas cunha
discapacidade distinta das sinaladas a seguir. O referido límite será de cinco
veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa
composición existan persoas con algunha das seguintes discapacidades:
i)
Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou
discapacidade do desenvolvemento, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou
superior ao 33 %.
ii)
Discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade recoñecido igual
ou superior ao 65 %.
c)
Ter subscrito a partir do 1 de xaneiro de 2018 ou estar en condicións de
subscribir un contrato de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes
requisitos:
–
Que a vivenda estea localizada nun concello pertencente ao territorio da
Comunidade Autónoma de Galicia de menos de 5.000 habitantes. Para estes
efectos, tomaranse como referencia as últimas cifras oficiais do padrón
municipal de habitantes publicadas polo Instituto Galego de Estatística na data
da correspondente convocatoria.
–
Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos
e tributos inherentes a ela, sexa igual ou inferior a cen mil euros.
–
Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto
as vivendas novas como as usadas.
d)
Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de
convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación
da correspondente solicitude, para o caso de que a adquisición fose realizada
con anterioridade á data da publicación da correspondente convocatoria.
e)
Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de
convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e
autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda,
por ningún outro concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f)
Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade
de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo
13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10
da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogada, ou fosen
obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior
plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.
g)
Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa
unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en
territorio español. Para estes efectos, non se considerará que se posúe a
propiedade ou o usufruto dunha vivenda se o dereito recae unicamente sobre unha
parte alícuota desta e foi obtido por transmisión mortis causa.
Exceptuaranse deste requisito aquelas persoas que, sendo titulares dunha
vivenda, acrediten non ter a súa dispoñibilidade por causa de separación ou
divorcio, non poidan habitala por calquera outra causa allea á súa vontade ou
que a vivenda resulte inaccesible por razón de discapacidade da persoa
solicitante ou de calquera membro da súa unidade de convivencia.
2.
No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa, cada
unha das persoas propietarias deberá cumprir os requisitos sinalados no
parágrafo anterior para poder ser beneficiaria da axuda.
Importe:
1.
A contía da axuda para a adquisición será de ata dez mil oitocentos euros por
vivenda, co límite do 20 % do prezo de venda, sen incluír os gastos e tributos
inherentes a esa adquisición.
2.
No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa
propietaria, o importe da axuda que puidese recibir un/unha beneficiario/a que
adquira unha parte dela determinarase aplicando, ao importe da axuda que
correspondería da adquisición do 100 % da vivenda, a porcentaxe de cota
adquirida.
Prazo de presentación de solicitudes:
O
prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
(DOG), ata o 16 de novembro e rematando, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito
orzamentario, o que será publicado no DOG mediante resolución ditada pola
persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
Máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario